PRESENTACIÓN DE "VÍCTOR ANEIROS AO VIVO"

Imprimir victoraneiros - 27-Septembro-2011 - 20:14:33 

TEATRO PRINCIPAL DE OURENSE
10 DECEMBRO - 20:00H.

Entradas
8€ (butaca/platea), 8€ (1º andar), 7€ (2º andar) e 5€ (paraíso/VR)



PAZO DA CULTURA DE NARÓN
1 DECEMBRO - 20:30H.

Entradas
Normal:8€ - Abonados:5,60€ - Carné xove ou de estudante (ata 25 anos):4€

Durante o 2010, non puido agromar no munda da música galega unha iniciativa máis propia e ó mesmo tempo internacional, que a edición de Brétemas da Memoria. O novo disco en galego de Víctor Aneiros estreita as marxes entre o blues e a nosa cultura, coa axuda dos poemas de Ramiro Fonte.
Pensamos que poucas veces a perda e a melancolía, a saudade en letras grandes, teimas ben recoñecibles do poeta galego, tiveron unha aproximación musical semellante. Cancións como Autor de Westerns, adicada ao cineasta John Ford, ou Vida Bohemia, berro nostálxico da xuventud perdida, fainos entender quea poesia de Ramiro Fonte era puro blues. O quinto disco do músico Ferrolán é a proba da persistencia dos seus valores, a prol da irmandade entre a música máis negra e o noso xeito de sentir. (Eduardo Galán)
 
A piques de rematar o 2011, Aneiros edita o DVD Ao Vivo gravado no teatro Jofre de Ferrol, con motivo da presentación de Brétemas da Memoria. Ademais dos músicos que lle acompañan habitualmente contou coa colaboración de Mauri Sanchis (organo hammond), Julie Guravich (voz), Roberto Somoza (saxo tenor), José Rodríguez (saxo tenor), Pedro Lámas (saxo barítono) y José Somoza (trompeta).

O DVD foi realizado por Simón Vázquez coa produción de Pablo Garaloces e a colaboración de Infernos.TV, Gseis Audivisuais e Jaime Fernández Cuña.






© 2010 Víctor Aneiros - Todos os dereitos reservados | Acceso privado

ACV Galaica