Considerado como un dos pioneiros do blues-rock en galego, inicia a súa carreira en solitario en 1999, formando Víctor Aneiros & Blue Notes e publicando "Que el blues te acompañe".

Participa en distintos Festivais (Antequera Blues Festival (2000), Festival de Blues de Cerdanyola (2001), Festival de blues de Reus (2002) e Montreux Jazz festival off (2002).

No 2003 xa como Víctor Aneiros Band publícase "Live in Montreux", gravación que recolle un dos dous concertos ofrecido neste Festival.

No 2004 publícase "Blues do amencer", integramente cantado en galego.

Participa no Festival Festival de blues de Getxo 2004, Festival de blues de Sta. María das Azores 2005 (Portugal), Festival de blues de Ourense 2005, Festival de blues de Torreperogil 2006, Festival de blues de Seia 2007 (Portugal), Festival de blues de Gaia 2007 (Portugal).

No 2008 publícase "Heroe Secreto", no que pon música a poemas de Rosalía de Castro, Luís Pimentel, Amado Carballo e Ramiro Fonte, e fai unha adaptación ao blues do himno da emigración galega "Unha noite na eira do trigo" do poeta Curros Enríquez.Neste traballo inclúese o tema "Miña bala perdida" polo que foi nomeada a mellor canción en galego na XIII edición dos premios da música 2009.

Participa por segunda vez no Festival de Blues de Cerdanyola 2008.

No 2010 publícase, "Brétemas da memoria". O guitarrista e compositor galego dedica unha importantísima parte do seu quinto disco á obra de Ramiro Fonte (1957-2008), adaptando sete poemas de xuventude e da primeira madurez do poeta. "Brétemas da memoria" é melancólico, como boa parte da obra de Ramiro Fonte, pero tamén está preñado dunha contaxiosa enerxía que nos transmite a guitarra de Aneiros.

No 2011 publícase o DVD "Ao Vivo" gravado no teatro Jofre de Ferrol.

No 2012 publícase "Back from the Blues" resultado da colaboración entre a cantante Canadense Julie Guravich coa Víctor Aneiros Band.

No 2013 participa no Festival de Jazz de San Javier.

No 2014 publícase "A soidade pide copas nos bares".

© 2010 Víctor Aneiros - Todos os dereitos reservados | Acceso privado

ACV Galaica